lunes, 25 de marzo de 2013
viernes, 22 de marzo de 2013
RECETA: "UN BO MESTRE"
Ingredientes:
1 Cunca de Compromiso
1 Lata de bo exemplo
2 Ramiñas de creatividade
1 Cunca de grandes expectativas
1 Pizca de seguridade
Condimentos:
Confianza, paciencia e paixón.
Nota do Chef:
Un bo mestre sementa o desexo de aprender nos seus alumnos.
Modo de Preparación:
1.- Un mestre verdadeiro é capaz de cambiar o destino dos seus alumnos. Percibe aos seus discípulos non como botellas baleiras que se teñen que encher, senon coma recetas únicas que deben desenvolverse e perfeccionarse.
2.- É importante que os mestres crean xenuinamente nas habilidades dos seus estudantes. O verdadero heroe é aquel mestre que logra motivar e facer crer que cada neno vale. Agasalla confianza, desperta a interese por aprender e axuda a desenvolver as habilidades de cada alumno.
3.- Un alumno que se destaca leva o cuño dun mestre exemplar. O profesor é un ser humán que ten a nobleza de ensinar, a bondade de escoitar, a intelixencia para guiar, o talento para motivar e a paixón para comprometerse.
Fontes empregadas:
miércoles, 27 de febrero de 2013
PRESENTACIÓN
Ola lectores! Comezamos nova experiencia, dende o IES Macías O Namorado (Padrón). A nosa aula é a número 9, sí neste IES os que se moven son os alumn@s non os profesor@s, é sí funciona moi bien, e sí con isto gañamos todos (a nivel de material, organización de espazos, ...).
Aquí daremos cabida tanto a alumn@s coma profesor@s, entre tod@s tentaremos aportar un graíño de area á comunidade educativa, ademáis seremos o máis interactivos posible para que a interese non merme ;-)
Estamos abertos a suxerencias, aprenderemos a mellorar este blogue co tempo, pouquiño a pouco pero con pasos seguros e avanzando. A ilusión é o principal e diso imos sobrados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


