miércoles, 10 de abril de 2013

Actividade CR

Dende que internet se meteu nas nosas vidas o xeito de manternos informados mudou considerablemente. Todo é inmediato e por diversas entradas: xornais e revistas dixitais, blogs, redes sociais, ... Incluso podémolos ter interconectados. Daquí a importancia de saber ler no eido dixital, non é o mismo ler un xornal en papel que na rede, e este tipo de competencias son as que teremos que proporcionar aos nosos alumnos.


Un exemplo claro nesto das CR é a publicación www.elmundotoday.com Co cal sempre votas unhas risas unha vez que sabes que as súas noticias son inventadas...



Entón nos podemos tentar facer as nosas manipulacións ;-D



martes, 2 de abril de 2013

viernes, 22 de marzo de 2013

RECETA: "UN BO MESTRE"


Ingredientes:
1 Cunca de Compromiso 
1 Lata de bo exemplo 
2 Ramiñas de creatividade
1 Cunca de grandes expectativas 
1 Pizca de seguridade


Condimentos:
Confianza, paciencia e paixón.


Nota do Chef

Un bo mestre sementa o desexo de aprender nos seus alumnos.


Modo de Preparación:
1.- Un mestre verdadeiro é capaz de cambiar o destino dos seus alumnos. Percibe aos seus discípulos non como botellas baleiras que se teñen que encher, senon coma recetas únicas que deben desenvolverse e perfeccionarse.

2.- É importante que os mestres crean xenuinamente nas habilidades dos seus estudantes. O verdadero heroe é aquel mestre que logra motivar e facer crer que cada neno vale. Agasalla confianza, desperta a interese por aprender e axuda a desenvolver as habilidades de cada alumno.
3.- Un alumno que se destaca leva o cuño dun mestre exemplar. O profesor é un ser humán que ten a nobleza de ensinar, a bondade de escoitar, a intelixencia para guiar, o talento para motivar e a paixón para comprometerse.


Fontes empregadas:



miércoles, 27 de febrero de 2013

PRESENTACIÓN

Ola lectores! Comezamos nova experiencia, dende o IES Macías O Namorado (Padrón). A nosa aula é a número 9, sí neste IES os que se moven son os alumn@s non os profesor@s, é sí funciona moi bien, e sí con isto gañamos todos (a nivel de material, organización de espazos, ...).



Aquí daremos cabida tanto a alumn@s coma profesor@s, entre tod@s tentaremos aportar un graíño de area á comunidade educativa, ademáis seremos o máis interactivos posible para que a interese non merme ;-)

Estamos abertos a suxerencias, aprenderemos a mellorar este blogue co tempo, pouquiño a pouco pero con pasos seguros e avanzando. A ilusión é o principal e diso imos sobrados.